24 de fevereiro de 2011

Muiñeira da Xunqueira

A Xunqueira é un barrio de Viveiro, lugar de onde procede esta peza. O único dato do que se ten constancia é unha gravación de 1968, a cargo do Grupo de Danzas da Sección Femenina de Viveiro.

Tamén foi interpretada pola meirande parte dos cuartetos coruñeses durante a segunda metade do século XX, moi probábelmente a raíz de escoitar a citada gravación.


14 de fevereiro de 2011

Pasodobre de Pousada

Manuel, alcumado "Atilano", é un gaiteiro de Pousada (Sobrado dos Monxes) que sempre tocou con gaitas grileiras. Como a meirande parte dos gaiteiros a súa aprendizaxe foi autodidacta, comezando aos doce anos co punteiro mentres acompañaba o gando.

Aínda que a denominación orixinal sexa "pasodobre", a peza é un pasacorredoiras. Recollida polo Colectivo Ruote.