28 de janeiro de 2011

Muiñeira

Os irmáns e gaiteiros Xosé e Alexandro Temprano Mariñas naceron en Eirís, aínda do Concello de Oza. Foron á escola co xenial escritor das Irmandades, Xosé Fco. Lesta Meis, quen lles transmitiu o seu amor pola nosa Terra. Axiña fundaron un dos primeiros cuartetos d'A Coruña: Os Tempranos de Eirís, de grande sona en toda Galiza.

Do repertorio de Alexandro, quen tamén foi presidente do coro galego Cántigas da Terra, aportamos esta elegante muiñeira.

25 de janeiro de 2011

O pandeiro repenica (xota)

Bernardo del Río, un dos fundadores e primeiro director de Cantigas e Agarimos, compuxo esta xota, "O pandeiro repenica", dentro da súa zarzuela galega "A Lenda de Montelongo". Con libreto de Manuel Rey Pose 
e Xoán Buhígas, a obra abrangue distintos ritmos da nosa música con algúns fraseos ben coñecidos.

Aquí presentamos a adaptación para gaitas deste tema, orixinal para orquestra e coro.

14 de janeiro de 2011

Muiñeira da Fonsagrada

Fermosa muiñeira do repertorio do gaiteiro Emilio Fernández.